Desde o Concello de Riós e ante a preocupación dalgúns dos nosos veciños polos seus castiñeiros, queremos comunicarlles que desde o pasado mes de outubro de 2019, está a se levar a cabo o tratamento experimental contra a » Cryphonectria parasitica», causante da enfermidade coñecida como o chancro ou cancro do castiñeiro, a través da aplicación con cepas hipovirulentas, nas seguintes parroquias do Concello:
- A Trepa
- Castelos de Abajo
- Castrelos de Cima
- Fumaces
- O Navallo
- Progo
- Riós
- Rubiós
- Trasestrada.
Para calquera dúbida ou aclaración non dubiden en poñerse en contacto connosco.