O Concello de Riós puxo recentemente en marcha o servizo a prestar dende o Concello para a Xestión das faixas secundarias, coa finalidade de mellorar a prevención dos incendios neste concello.
Para a prestación deste servizo contamos coa axuda financiada pola Unión Europea, no marco do Programa FSE+ Galicia 2021 – 2027, tramitada ao abeiro da Orde do 13 de agosto de 2025 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións destinadas á contratación de persoas mozas inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, a través da colaboración con entidades locais, co(inanciadas pola Unión Europea no marco do Programa FSE+ Galicia 2021 – 2027, e se procede á súa convocatoria para o ano 2025.
Importe axuda concedida: 18.970,11€







