SAÚDO DO ALCALDE

En Riós estamos ao día en canto a servizos, infraestruturas e atención aos nosos veciños e visitantes.

E agora tamén no referido ás novas tecnoloxías, que constitúen, máis que un reto e un obxectivo, unha necesidade.

Por iso, o Concello pon á súa disposición unha páxina webútil e práctica que, agardo, responda coa calidade debida ás súas expectativas.

Con todo, iremos mellorando e ampliando os contidos, pero sen alterar o propósito inicial que nos impulsou a creala: abrir as portas deste Concello, do seu alcalde, dos concelleiros, dos diversos servizos municipais e de toda a Administración local, en xeral, a quen nos visite a través de Internet.

Riós é hoxe, nos albores do século XXI, un concello que conxuga á perfección as tradicións coa modernidade.

Un lugar agradable para vivir e gozar dos seus encantos: arqueolóxicos, arquitectónicos, paisaxísticos, medioambientais, festas e romarías populares e gastronómicas, etc.

Pero a nosa principal riqueza radica nas xentes deste municipio, abertas e hospitalarias coma poucas. Nestas páxinas poderán descubrilo.