O Concello de Riós resultou beneficiario dunha axuda ao abeiro da convocatoria prevsita na Orde do 3 de febreiro de 2026 pola que se establecen as bases reguladoras da segunda convocatoria para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de axudas a entidades locais de Galicia para a aplicación de solucións baseadas na natureza orientadas á prevención de rochas asociadas ao cambio climático en espazos urbanos e periurbanos (Programa Galicia Refuxio Climático) así como a actuacións de identificación e adecuación de refuxios climáticos para a biodiversidade (Programa PIMA Adapta Refuxios Climáticos), e convócanse, mediante tramitación anticipada de gasto, para ou ano 2026 (código de procedemento MT975Y).
Descrición do proxecto: “Humanización das rúas Campo da Feira e Marcelín en Riós.”
Liña concedida: 1
Tipo de Proxecto: A
Importe do proxecto/ Custo subvencionable a xustificar: 76.961,95€.
Porcentaxe subvención: 77,96%
Subvención concedida: 60.000,00€







