IV. ENTIDADES LOCAIS
CONCELLO DE RIÓS
CORRECCIÓN DE ERROS E AMPLIACIÓN DO PRAZO PARA A PRESENTACIÓN DE INSTANCIAS NA ADXUDICACIÓN DE PISOS EN RÉXIME DE ALUGUEIRO SOCIAL EN CASTRELO DE CIMA
Corrección de erros e ampliación do prazo para a presentación de instancias na adxudicación de pisos en réxime de alugueiro social en Castrelo de Cima.
A Alcaldía, mediante a Resolución do 25 de abril de 2025, RESOLVEU:
Primeiro. Modificar as bases reguladoras para o arrendamento de dous pisos de propiedade municipal, sitos en Castrelo de Cima a persoas necesitadas dun alugueiro social e formación dunha lista de agarda, concretamente na cláusula sexta punto 2, de maneira que onde di: “Ter a residencia fixada nesta localidade, polo menos desde o 1 de xaneiro de 2020 e estar empadroado/a no municipio, debe dicir “Ter a residencia fixada nesta localidade e estar empadroado/a no municipio”.
Segundo. Ampliar o prazo de presentación de instancias, previsto inicialmente nas bases de 20 días naturais, por 10 días naturais máis, a ter en conta a partir do día seguinte da publicación deste anuncio no BOP de Ourense.
Os/as interesados/as poderán presentar as súas solicitudes no rexistro do Concello, de 9.00 a 14.00 horas. As solicitudes recollerán os requisitos establecidos nas bases, que se atopan a disposición do público no taboleiro de anuncios do concello, na páxina da sede electrónica deste: concelloderios.sedelectronica.gal e na páxina web: concelloderios.gal.
Riós, 25 de abril de 2025. A alcaldesa.
Asdo.: Eva María Barrio López.
Documento Oficial: 20250502_Outros_AMPLIACIÓN DE PLAZO PRESENTACIÓN SOLICITUDE E MODIFICACIÓN REQUISITOS (3)