Instalación fotovoltaica sobre a cuberta da piscina do Concello de Riós que se atopa na Telleira. A enerxía producida se autoconsumirá tanto na piscina como na Casa do Concello.
O obxectivo é substituír a enerxía consumida da rede eléctrica fornecida pola distribuidora Naturgy pola enerxía producida polo xerador fotovoltaico co que se reducirá as emisións de carbono dos devanditos edificios debido ao seu consumo de enerxía eléctrica.