AXUDAS A SERVIZOS BÁSICOS LOCAIS EN ALDEAS MODELO E POLÍGONOS AGROFORESTAIS.
O Concello de Riós resultou beneficiario dunha axuda ao abeiro da Convocatoria prevista pola Resolución do 19 de decembro de 2023 pola que se aproban as bases reguladoras das subvencións para proxectos de creación, mellora e ampliación de servizos básicos locais en aldeas modelo, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Plan estratéxico da PAC 2023-2027 en Galicia (DOG núm 37, do 21 de febreiro), por importe de: 149.905,61€. distribuida en dúas anualidades, coa finalidade de levar a cabo a “MELLORA DE INFRAESTRUTURAS E PAVIMENTACIÓN EN RÚA PRINCIPAL EN PEDROSA, CONCELLO DE RIÓS”.
– Ano 2024: 74.952,80€.
– Ano 2025: 74.952,81€.