O martes día 02 de xullo, levarase a cabo unha charla por parte de educadores ambientais da Xunta de Galicia, contemplada dentro da campaña educativa que está a levar a Comunidade Autónoma neste senso.
A charla versará sobre a xestión de residuos, prevención e preparación para a reutilización, desperdicio alimentario, compostaxe, recollida selectiva e economía circular.
O público ó que vai destinada é moi variado dende nenos e nenas que se atopan de vacacións, ata persoas que están interesadas na realización de boas prácticas e coidado do medio ambiente.
Para facer máis amena a experiencia haberá unha proxección audiovisual acompañada de carteis explicativos dos diferentes procesos.
Lugar: Edificio Multiusos do Concello de Riós.
Horario: ás 12:00 horas da mañá.