Desde o centro de desenrolo agroforestal informamos das novas medidas de carácter obrigatorio en relación co COVID-19, presentadas pola Consellería de Medio Rural.
As persoas agricultoras e viticultoras profesionais (dadas de alta no Reaga) e os seus traballadores poderán efectuar os desprazamentos para a realización dos traballos necesarios de atención e mantemento dos cultivos e dos viñedos.