CONCELLO DE RIOS

FORNOS E MUÍÑOS

O Concello do Riós conta con numerosos fornos e muíños situados por todo o municipio que se poden visitar de balde.

Dentro deste extenso patrimonio etnográfico, cabe destacar os fornos de Marcelín, A Veiguiña, San Pedro de Pousada e As Ventas da Barreira.

Polo que se refire aos muíños, perfectamente rehabilitados, chaman especialmente a atención sobre todos os demais (pola súa localización privilexiada) o da Veiguiña e o da Silva.