Características do CESE DA ACTIVIDADE para os autónomos afectados polo peche ou redución da actividade por mor do coronavirus (COVID-19).
REQUISITOS:
. Estar afiliado e de alta na Seguridade Social na data da declaración do estado de alarma.
. Estar ó corrente dos pagos e obrigas coa Seguridade Social. Se non, darase un prazo dun mes para poñerse ó corrente.
. Que a actividade estea suspendida ou a facturación se teña reducido nun 75% respecto ó semestre anterior.
. Non é necesario ter cotizado previamente por cese de actividade, nin ter alcanzado o período mínimo necesario para ter dereito á axuda.
. NON DARSE DE BAIXA na actividade nin en autónomos.
CONTÍA E DURACIÓN: 70% da base reguladora até que se levante o estado de alarma.
TRAMITACIÓN:
. Se tes as continxencias comúns e as profesionais cunha mutua, deberás de tramitalo coa propia mutua.
Se tes as continxencias profesionais cunh entidade xestora da seguridade Social, deberás de tramitalo coa Seguridade Social.
. Haberá que cubrir un formulario e xuntar DNI e número de conta bancaria e no caso de descenso de ingresos, os xustificantes deste descenso.
. A cota de atónomos de marzo debe pagarse para non conter débedas coa Seguridade Social e ter dereito á prestación por cese de actividade e a exoneración de pagamento de autónomos. A tesourería da Seguridade Social devolverá a cota de autónomos de marzo se lle foi ingresada antes de ter recollida a prestación por cese de actvidade.